headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

307 Solicitude de informe social para o recoñecemento da situación de dependencia e elaboración do PIA

Procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia que se orienta á consecución dunha mellor calidade de vida e autonomía persoal, nun marco de efectiva igualdade de oportunidades, de acordo cos seguintes obxectivos:

a) Facilitar unha existencia autónoma no seu medio habitual, todo o tempo que desexe e sexa posible.

b) Proporcionar un trato digno en todos os ámbitos da súa vida persoal, familiar e social, facilitando a súa incorporación activa na vida da comunidade.

Aquelas persoas que teñan solicitada unha das prestacións de atención á dependencia coa natureza de servizos e de prestacións económicas, destinadas, por unha banda, á promoción da autonomía persoal e, por outra, a atender as necesidades das persoas con dificultades para a realización das actividades básicas da vida diaria, e que pretendan a obtención dun informe social.

ELECTRONICAMENTE


Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Presentación Servizo de Benestar Social Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398 De luns a venres de 9:00 a 11:00 horas Ver detalle
Tramitación Servizo de Benestar Social Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220
Servizo de Benestar Social Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398
Servizo de Benestar Social Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Servizo de Benestar Social De luns a venres de 9:00 a 11:00 horas
Servizo de Benestar Social De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Modelo de solicitude debidamente cuberto
DNI da persoa solicitante e, no seu caso, DNI da persoa representante legal, xunto coa acreditación da dita representación e a sinatura de ambos
  • É requisito indispensable ter solicitado na Xunta de Galicia servizo ou libranza, e riscar na solicitude cal ten solicitado.
  • Precisase riscar no modelo de solicitude se a persoa interesada quere que se remita o informe social á Consellería de Politica Social

Volver
Rexistro electrónico