headerheader-400header-800
Volver

222 B Procedemento de xustificación da subvención para a innovación e reactivación do sector económico e comercial do Concello de Pontevedra

alertaDende : 22/12/2020 - Ata : 31/03/2021

Procedemento para a xustificación das axudas económicas outorgadas para a innovación e reactivación do sector económico e comercial do Concello de Pontevedra, así como para solicitar o seu pagamento (o 25% do pago pendente de aboar no caso de que se tivese concedido o anticipo ou o pago do 100% da axuda se non se solicitou o dito anticipo)

Atopará a Guía para a xustificación da subvención xunto coas bases da convocatoria no apartado "Normativa" ou premendo aquí

Persoas e entidades beneficiarias das subvencions de conformidade co acordo da xunta de Goberno Local de data 18/12/2020

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Gabinete da alcaldía Michelena, 30 3º 986100185 ext. 7104;7105;7103 De luns a venres de 10:00 a 13:30
Oficina Enderezo Teléfonos
Gabinete da alcaldía Michelena, 30 3º 986100185 ext. 7104;7105;7103
Oficina Horario
Gabinete da alcaldía De luns a venres de 10:00 a 13:30

Dacordo co previsto no artigo 13 das bases da convocatoria:

  • Declaración responsable (Anexo I)
  • Memoria xustificativa da actividade/proxecto subvencionada/o (Anexo II)
  • Modelo de relación total de ingresos da actividade/proxecto subvencionada/o (Anexo III)
  • Modelo de relación total de gastos da actividade/proxecto subvencionada/o (Anexo IV)
  • Relación de facturas ou dos documentos xustificativos do gasto (Anexo V)
  • Certificacións de estar ao corrente coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, coa Axencia Estatal Tributaria e coa Consellería de Economía e Facenda
  • Fotografía do cartel informativo no que consta o financiamento do Concello de Pontevedra e que deberá manterse exposto ata o 31/12/2021 (que atopará para a súa descarga xunto coas bases da convocatoria no apartado "Normativa" ou premendo aquí)
  • Material grafico que evidencie a realización da actividade/proxecto realizado

Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións

Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións

Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Decreto 111/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia

Dende : 22/12/2020

Ata : 31/03/2021


Volver