Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

630 Procedemento para a licenza ou renovación para a tenza de animais considerados pontencialmente perigosos e/ou inscrición de animais no Rexistro Municipal de animais considerados potencialmente perigosos

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 287590

En cada Concello existirá un Rexistro de Animais Potencialmente Perigosos clasificado por especies, no que necesariamente constarán, polo menos, os datos persoais do posuidor, lugar habitual de residencia deste, especificando se o animal está destinado a convivir con seres humanos ou se pola contra ten finalidades distintas como a garda, protección ou outra que se indique.

A tenza de calquera animal clasificado como potencialmente perigoso requirirá a previa obtención dunha licenza administrativa, que será outorgada polo Concello de residencia do solicitante.

A licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos terá un período de validez de cinco anos podendo ser renovada por períodos sucesivos da mesma duración.

Documentación a achegar para a obtención ou renovación da licenza:

  • En caso de non autorizar ao Concello, deberá achegar o certificado de non ter antecedentes penais; co obxecto de acreditar que non foi condenado por delitos de homicidio, lesións, torturas, contra a liberdade ou contra a integridade moral, a liberdade sexual e a saúde pública, asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos. (Lugar de obtención do certificado: Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza – teléfono de información: 981246231- ou a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra).
  • Certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves da Lei 50/1999, do 23 de decembro, con algunhas das sancións accesorias das previstas no artigo 13.3. (Lugar de obtención do certificado: Delegacións territoriais da Xunta de Galicia).
  • Certificado de capacidade física e aptitude psicolóxica do titular do animal potencialmente perigoso
  • expedido por centro de recoñecemento debidamente autorizado.
  • Copia do DNI.
  • Fotografía tamaño carné.

Documentación a achegar para a inscrición dun animal no Rexistro municipal:

  • Xustificación da subscrición e formalización para cada animal dun seguro de responsabilidade civil, a nome do solicitante, onde se especifique claramente que cada animal ten unha cobertura mínima de 125.000€. Este seguro deberase renovar anualmente. Acreditarase mediante a presentación de fotocopia da póliza de seguros ou certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente e fotocopia do recibo de pagamento do ano en curso.
  • Certificado veterinario de castración ou esterilización, de se-lo caso.


Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico