Se a presentación é electrónica é suficiente con que encha os campos solicitados no formulario web expresando con claridade o obxecto da solicitude, escrito ou comunicación
Se a presentacóné presencial a lo menos debe achegar o modelo de solicitude correspondente a este procedemento no que se exprese con claridade o obxecto da solicitude ou queixa
Pode descargar o modelo de solicitude editable para a súa presentación presencial premendo no seguinte enlace:
As persoas que queiran realizar unha solicitude ou formular unha queixa en relación ao establecido no artigo 12 do RD 1112/2018, de 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de secretaría e asuntos xerais | Michelena, 30 1º | 986804300 ext 7240 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de secretaría e asuntos xerais | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
1) Idéntifiquese electronicamente.
Dende esta sede electrónica vostede deberá identificarse previamente mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante usuario e contrasinal (este último só para persoas físicas).
2) Escolla no catálogo o procedemento e acceda á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
3) Encha os campos solicitados e achegue documentación se é necesario.
4) Prema en enviar
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, na dirección e horario que se indica abaixo, no apartado chamado “Oficinas de tramitación e presentación”, presentando o modelo de solicitude que se indica debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso.