Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Aquelas persoas que queiran dirixirse ao responsable do tratamento para a supresión daqueles datos que xa non son necesarios en relación cos fins para os que foron recollidos
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de secretaría e asuntos xerais | Michelena, 30 1º | 986804300 ext 7240 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de secretaría e asuntos xerais | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último so válido para persoas físicas) e acceder a tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
PRESENCIALMENTE (so persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, na dirección e horario que se indica abaixo, no apartado chamado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Este modelo utilizarase polo afectado cando desexe a supresión dos datos cando concorra algun dos supostos contemplados no Regulamento Xeral de Protección de Datos. Por exemplo, tratamento ilícito de datos, ou cando haxa desaparecido a finalidade que motivou o tratamento, coa excepción de que se trate do cumprimento dunha misión realizada en interés público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable, con fins de archivo, estadísticos ou de investigación científica, histórica, ou cando sexa necesario par a formulación do exercicio ou a defensa de reclamacións.