Xustificación subvención. Conta xustificativa (anexos I a IV)
Conta xustificativa. Anexo I . Solicitude de pagamento de subvención que comprende:
- Memoria detallada das actividades realizadas (asinada)
- Relación de facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.
- Exemplar de toda a documentación impresa xerada pola actividade, que acredite a participación do Concello.
- Certificados de estar ao corrente coas facendas estatal e autonómica así como coa Seguridade Social.
- Número de conta bancaria para efectua-la transferencia do importe da subvención ou certificación bancaria do número de conta ao seu nome.
Conta xustificativa. Anexo II. Declaracións responsables que comprenderá:
- Declaración responsable das subvencións e/ou axudas obtidas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, e compromiso de comunicar ao Concello a concesión de calquera outra axuda ou subvención para a mesma finalidade.
- Declaración responsable de que as facturas que se presentan como xustificantes foron aplicadas á actividade subvencionada.
Conta xustificativa. Anexo III. Relación de gastos e relación de facturas que comprenderá:
- Relación desagregada de cada un dos gastos realizados con motivo da actividade subvencionada
- Relación de facturas e demais documentos con valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa
Conta xustificativa. Anexo IV. Relación de ingresos que comprenderá:
- Relación desagregada de todos os ingresos ou subvencións que financian a actividade (fondos propios, subvención concedida e outras subvencións) acreditando o seu importe, procedencia e aplicación á actividade subvencionada.
Asociacións e entidades privadas, validamente constituídas sen ánimo de lucro, que estén debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento.
Tipo de oficinas | Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario | Cita previa |
---|---|---|---|---|---|
Tramitación | Servizo de Cultura | Churruchaos, 2 1º | 986896528 | De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Servizo de Cultura | Churruchaos, 2 1º | 986896528 |
Oficina | Horario | |
Servizo de Cultura | De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".