Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
Entidades ou persoas físicas que sexan beneficiarias dunha subvención directa outorgada polo Concello de Pontevedra na forma prevista no artigo 36.1 da Ordenanza xeral de subvencións do Concello.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Educación e dinamización de servizos | Casa da Luz - Praza da Verdura 2º andar | 986860697 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De lunes a vienes de 8:30 a 14:30 horas- De lunes a jueves de 17:00 a 19:00 horas | |
Educación e dinamización de servizos | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.