En todo caso:
Solicitude (Mod 510) debidamente cuberta
Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
Escritura da sociedade ou documento de constitución e regulación da persoa xurídica de que se trate
Documento acreditativo da representación expresa para este acto (se procede)
Xustificante do ingreso da autoliquidacion da taxa que corresponda
Escritura de propiedade ou contrato de aluguer do local
Proxecto técnico completo asinado por persoal técnico competente e, no seu caso, visado polo colexial correspondente que incluirá memoria da actividade, xustificación da normativa sobre prevención e seguridade en materia de incendios e sobre edificación, prevención e control ambiental que sexan de aplicación.
Documento acreditativo da designación por quen solicite a licenza, da persoa que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do establecemento á licenza outorgada, debendo constar o nome, enderezo, titulación e habilitación profesional da persoa designada
Plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen ao anterior proxecto citado
Declaración da persoa titular ou organizadora, se é o caso, onde faga constar o compromiso de contratación dos seguros previstos na lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia
Documentación requirida pola normativa sobre ruídos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades a desenvolver nel
Copia das autorizacións, informes ou rexistros sectoriais que resulten preceptivos
Referencia exacta ao título xurídico habilitante que ampare as obras do acondicionamento existente ou a apertura anterior
Persoas ou entidades que pretendan a apertura dun establecemento público e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas nun local, suxeitas ao réxime da previa licenza municipal consonte co establecido na lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, e no Decreto 144/2016, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, sempre que non resulte necesario executar ningún tipo de obra (nin sequera menor) para o seu desenvolvemento, dentro do termo municipal de Pontevedra.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7500 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
A persoa solicitante manifesta expresamente e declara, baixo a sua responsabilidade, que non é preciso realizar obras, nin sequera menores, no local.
Normativa municipal