Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

508 Solicitude de licenzas de obras e de apertura

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1997760

Solicitude de licenza para a execución das obras e instalacións necesarias para o posterior desenvolvemento dunha actividade económica e/ou a apertura de establecementos comerciais, profesionais ou industriais que, consonte coa normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación, así como as intervencións en edificios declarados BIC ou catalogados.

  • Solicitude (Mod 508-Solicitude de licenzas de obras e de apertura)

  • Fotocopia do NIF/NIE da persoa solicitante e, no seu caso, da persoa representante

  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación expresa para este acto (se procede)

  • Documentación acreditativa da referencia catastral

  • Xustificante do pagamento dos tributos municipais

  • No caso de obras maiores:

    Proxecto técnico completo asinado por persoal técnico competente e, no seu caso, visado polo colexio correspondente.

    Oficio de dirección de obras

  • No caso de obras menores:

    Memoria de actividade que, no seu caso, incluirá documentos básicos de aplicación, normativa específica da actividade e xustificación da normativa autonómica e supresión de barreiras e ordenanza de ruídos, subscritos por persoal técnico competente e visada polo colexio oficial correspondente.

    Orzamento debullado ou por partidas das obras

    Plano de situación do inmoble

    Copia da licenza municipal de apertura anterior.

    Certificado de seguridade e solidez subscrito por persoal técnico competente e, no seu caso, visado polo colexio oficial correspondente.

    A autorización ou declaración ambiental que proceda

    As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos para o exercicio da actividade

    Documentación xustificativa do cumprimento do artigo 5 da lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, cando proceda

    Copia de licenzas/comunicacións previas/declaracións responsables anteriores

    Documento acreditativo da constitución de fianza, de ser o caso

    Nas obras exteriores en fachadas e cubertas débese indicar o MEDIO AUXILIAR A EMPREGAR

DESCARGUE AQUÍ O MODELO DE SOLICITUDE EDITABLE:


Volver
Rexistro electrónico