Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

502 Comunicación previa de primeira ocupación/utilización

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1986422

Tramitación para o outorgamento de licenza urbanística de primeira ocupación/utilización das edificacións

En todo caso:

  • Formulario de solicitude (mod. 502)

  • NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante

  • Escritura da sociedade ou documento de constitución e regulación da persoa xurídica de que se trate

  • Documento acreditativo da representación expresa para este acto (se procede)

  • Xustificante do ingreso da autoliquidación da taxa que corresponda

  • Certificado final de obra acreditativo da efectiva e completa finalización das obras, subscrito por persoa/s técnica/s competente/s, visado polo colexio profesional cando así o esixa a normativa vixente ou identificación exacta do expediente no que se atope

  • Documentación xustificativa da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora: boletíns/certificados de rexistro na Consellería correspondente, cos códigos (IBT, AC, RAE,…) das instalacións executadas (saneamento, calefacción, climatización, electricidade, gas, fontanería, contra incendios, ascensores, pararraios,...)

Cando proceda:

  • Acordo de aceptación da/s cesión/s e da obra ordinaria de urbanización executada ou identificación exacta do expediente no que se atope

  • Planos/documentación do estado definitivo das obras asinados por persoal técnico competente e co visado colexial correspondente, para o caso de se teren introducido modificacións non substanciais na execución das obras

  • Informe de ensaio acústico elaborado por empresa homologada que xustifique que se cumpre cos illamentos acústicos esixidos na edificación, de acordo co disposto no art. 10 do Decreto 106/2015, de 9 de xullo

  • Fotografía/s da/s fachada/s da edificación

  • Boletín da instalación da infraestrutura común de telecomunicacións e xustificante da súa presentación na xefatura provincial de Telecomunicacións do Ministerio de Industria

  • Certificado final da instalación da infraestrutura común de telecomunicacións e xustificante da súa presentación na xefatura provincial de Telecomunicacións do Ministerio de Industria

  • Certificación emitida pola empresa subministradora dos servizos públicos da axeitada execución das acometidas das redes de subministros, no seu caso

  • Certificación/s do Rexistro da Propiedade sobre anotacións de indivisibilidade, condicións especiais da licenza de obra, etc.


Volver
Rexistro electrónico