Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

501 Solicitude de outorgamento de licenzas urbanísticas de obras

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1986421

Tramitación para o outorgamento de licenzas urbanísticas para a execución dos seguintes actos e usos do solo:

- actos de edificación e uso do solo ou do subsolo que, consonte coa normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación,

- as intervencións en edificios declarados BIC ou catalogados,

- as demolicións,

- os muros de contención de terras,

- os grandes movementos de terras e as explanacións

- a localización de casas prefabricadas e instalacións semellantes, provisionais ou permanentes

En todo caso:

  • Solicitude (Mod 501)
  • Fotocopia do NIF/NIE do/a solicitante e, no seu caso, do/a representante
  • Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representacion expresa para este acto (se procede)
  • Xustificante do ingreso da autoliquidacion da taxa que corresponda
  • Documentacion acreditativa da referencia catastral

No caso de obra maior:

  • Proxecto tecnico asinado por suxeito tecnico competente e, no seu caso, co visado colexial correspondente
  • Oficio de direccion de obra/direccion da execucion/coordinacion de seguridade e saude a nome de persoal tecnico competente
  • Estudo de seguridade ou Saude ou Estudo Basico de Seguridade e Saude, redactado por persoal tecnico competente e visado polo correspondente colexio profesional
  • Cuestionario de estatistica das edificacions
  • En edificacions colectivas, presentarase Proxecto de Infraestrutura de Comun de Telecomunicacions, asinado por suxeito técnico competente e co visado colexial correspondente
  • Nos casos de ampliacion ou modificacions, copia da licenza de obras anterior
  • No caso de existir edificacions na situacion que se pretende para as obras novas, debera solicitarse, previa ou simultaneamente, a derruba destas, se e preciso
  • Documentacion acreditativa da titularidade e extension da finca

No caso de obra menor:

  • Esbozo das obras a executar
  • Fotografias do estado actual do inmoble
  • Planos do estado actual e do estado reformado
  • Plano de situacion e localizacion do inmoble no que se solicita a obra
  • Licenza de apertura, edificacion ou primeira ocupacion
  • Orzamento debullado ou por partidas das obras que se pretenden executar
  • Fotocopia dos titulos de propiedade
  • Copia da licenza de primeira ocupacion, edificacion e/ou apertura

Volver
Rexistro electrónico