headerheader-400header-800
Volver

200 Solicitude de subvención para desenvolvemento de actividades no ámbito da cultura 2021

alertaDende : 12/05/2021 - Ata : 27/05/2021

Procedemento de concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia co obxecto de fomentar o desenvolvemento de proxectos ou actividades culturais que leven a cabo entidades e/ou asociacións no termo municipal de Pontevedra, atendendo a criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na súa concesión.

Asociacións e entidades privadas, validamente constituídas sen ánimo de lucro, que estén debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de Cultura Churruchaos, 2 1º 986896528 De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Cultura Churruchaos, 2 1º 986896528
Oficina Horario
Servizo de Cultura De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas

Solicitude de subvención (modelo 200)

Fomularios debidamente cubertos (anexos I a V).


Anexo 1. Solicitude que comprende:
  • Solicitude de subvención debidamente asinada polo Presidente ou representante da entidade
  • Fotocopia do código de identificación fiscal
  • Certificación do número de conta bancaria
  • Estatutos que rexen a entidade e/ou a certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social.
  • Memoria ou proxecto explicativo da actividade
  • Anexo II. Declaracións responsables que comprenden:
  • Declaración de non atoparse inhabilitado/a ou estar incurso/a en prohibición para acceder á condición de beneficiario/a de subvencións do Concello de Pontevedra, de conformidade co estabelecido no artigo 13 da Lei 38/2003, xeral de subvencións e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
  • Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras para o financiamento da mesma actuación ou proxecto para o que se solicita subvención
  • Declaración de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Facenda Estatal, autonómica e fronte á Seguridade Social.
  • Declaración de non ter pendente de xustificación, fóra de prazo, ningunha subvención co Concello de Pontevedra
  • Declaración da imposibilidade da realización da actividade de non ser beneficiario da subvención do Concello de Pontevedra
  • Declaración comprensiva do número de beneficiarios da actividade para a que se solicita subvención
Se a devandita documentación xa estivese en poder do Concello, haberá de facelo constar con indicación da data e dependencia ou órgano ante o que se presentaron, sempre que non transcorreran máis de cinco anos dende a finalización do procedemento ao que correspondan.
O Servizo de Cultura xestionará de oficio o certificado municipal de estar ao corrente das obrigas tributarias co Concello de Pontevedra así como o certificado de estar inscrito no Rexistro Municipal de Asociacións e incorporará os xustificantes ao expediente de solicitude.

Anexo III. Detalle do proxecto
Neste anexo facilítanse os datos máis relevantes do proxecto para o que se solicita a subvención (nome da actividade, lugar de celebración, número de edicións do proxecto, poboación á que se dirixe, difusión do mesmo...etc).
Anexo IV. Relación de gastos
Deberá achegarse o anexo debidamente cumprimentado ou no seu caso un orzamento no que se detallen os gastos aprobados para a realización da/s actividade/s para as que se solicita subvención.
Anexo V. Relación de ingresos
Deberá achegarse o anexo debidamente cumprimentado no que se detallen os ingresos (especificando a percepción de ingresos públicos, aportacións privadas, fondos propios adicados á actividades subvencionada......etc).

Volver