headerheader-400header-800
Volver

204B Xustificación de subvencións a asociacións deportivas do Concello de Pontevedra para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais 2018

Procedemento para a xustifcación de subvencións, en réxime de libre concorrencia, para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais na tempada deportiva oficial das entidades deportivas do Concello de Pontevedra, atendendo a criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na súa concesión

Asociacións e entidades deportivas privadas, validamente constituídas sen ánimo de lucro, declaradas como beneficiarias na resolución definitiva do procedemento de subvencións para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais no ano 2018 (Anual 2018).

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de deportes Pabellón Municipal de Deportes Ría Juan Manuel Pintos s/n 986872013 De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de deportes Pabellón Municipal de Deportes Ría Juan Manuel Pintos s/n 986872013
Oficina Horario
Servizo de deportes De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas
  • Formularios debidamente cubertos.

  • Memoria detallada da actividade.

  • Xustificación da publicidade xerada pola actividade que acredite a participación do Concello de Pontevedra no financiamento da actividade.

  • Documentos legais de xustificación dos gastos.

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo qu ese aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Normativa municipal


Volver