headerheader-400header-800
Volver

244 Solicitude de participación na convocatoria pública dun proceso de provisión temporal en réxime de comisión de servizos por razóns de urxencia do posto de xefe do Servizo de Disciplina Urbanística, Medio Ambiental e Policía Administrativa

Convocatoria para a provisión temporal en réxime de comisión de servizos por razóns de urxencia do posto de xefe do Servizo de Disciplina Urbanística, Medio Ambiental e Policía Administrativa do Concello de Pontevedra para a substitución do seu titular mentres se atope de baixa por incapacidade temporal e, en todo caso, por un prazo máximo de 1 ano prorrogable por outro ano máis.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na convocatoria pública e que cumpran os requisitos establecidos na resolución de convocatoria.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.


PRESENCIALMENTE
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Servizo de persoal De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Para poder participar na convocatoria deberase presentar a seguinte documentación:

  • Formulario de solicitude de participación

  • DNI

  • Curriculum vitae

  • Documentación acreditativa dos méritos alegados

  • Certificación expedida polo Concello de procedencia acreditativa de que o aspirante en cuestión é funcionario de carreira pertencente ao grupo A subgrupo A1 coa categoría de técnico/a de administración xeral e que reúne os requisitos establecidos pola normativa vixente para o desenvolvemento dun posto de traballo da citada categoría

  • Informe emitido polo Concello de procedencia co compromiso de autorización da comisión de servizos do funcionario/a, sen prexuízo do requirimento formal de autorización previa que se remitirá nun prazo máximo de tres meses e con carácter previo á resolución do expediente por parte deste Concello de Pontevedra

  • Declaración xurada ou promesa de posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas propias do posto de traballo


Volver