headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

247 Solicitude de copia de expediente, documentos ou exercicios dun proceso selectivo

Mediante este procedemento poderá obter as copias do expediente, documentos ou exercicios realizados nun proceso selectivo.

Quen se relacione coa Administración a través de medios electrónicos, terá dereito a consultar a información na sede electrónica do Concello de Pontevedra, polo que se entenderá cumprida a obriga de facilitar copias dos documentos contidos nos procedementos mediante a posta a disposición na sede electrónica.

Persoas físicas que teñan a condición de interesadas no procedemento.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Servizo de persoal De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Xustificante de pagamento da taxa correspondente, no caso de copia expedida en papel.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas


Volver
Rexistro electrónico