headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

914 Procedemento para a solicitude de permisos, vacacións anuais, semanas de compensación e intercambios de quenda ou de servizo do persoal do corpo da policía local

Se vostede é empregado ou empregada da Políca local, pode dirixir a súa solicitude, escrito ou comunicación ao Servizo de Policía local de Pontevedra achegando a súa solicitude ao procedemento de solicitude xeral que se describe a continuación.

As solicitudes e comunicacións a realizar por este procedemento por parte do persoal que presta servizos na Policía local son as relativas aos seguintes asuntos:

  • Permisos previstos na normativa vixente
  • Vacacións
  • Cambios de semanas de compensaicón
  • Intercambios de quenda ou servizo

Os empregados e as empregadas públicas que prestan serivizos na Policía local que dirixan unha solicitude, escrito ou comunicación ao Servizo de Policía local de Pontevedra.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso.

Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder á tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".

Poderá tamén identificarse co seu certificado electrónico de persoal empregado público.

  • Modelo de solicitude 914 debidamente cumprimentado
  • Demáis documentación que sexa necesario aportar

Volver
Rexistro electrónico