Poderá atopar a solicitude xeral (130) no apartado denominado "catálogo de procedementos" ou premendo aquí.
Pode descargar o formulario no seguinte enlace
Persoas físicas que lle sexan recoñecidas polo Equipo de Valoración e Orientación da Xunta de Galicia (EVO) problemas ou dificultades de mobilidade.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de Benestar Social | Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) | 986850398 |
Servizo de Benestar Social | Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) | 986850398 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de Benestar Social | De luns a venres de 9:00 a 11:00 horas | |
Servizo de Benestar Social | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
O Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro.
Recomendación (98/376/CE) do Consello da Unión Europea, do 4 de xuño de 1998.
Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobado por Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo.
Lei 19/2001, do 19 de decembro, de reforma do texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.
Real decreto 1056/2014, do 12 de decembro, reguladora das condicións básicas de emisión e uso da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade.
Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.
Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro, polo que se establece e regula o sistema especial de prestacións sociais e económicas para discapacitados.
Bando de 25 de febreiro de 2008, do Concello de Pontevedra.