headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

301 Solicitude de tarxeta de estacionamiento de vehículos para persoas con mobilidade reducida

Procedemento mediante o cal se solicita a expecidión da tarxeta de estacionamento de vehículos para persoas con mobilidade reducida.

Persoas físicas que lle sexan recoñecidas polo Equipo de Valoración e Orientación da Xunta de Galicia (EVO) problemas ou dificultades de mobilidade.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Presentación Servizo de Benestar Social Rúa Jofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Tramitación Servizo de Benestar Social Rúa Jofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Servizo de Benestar Social Rúa Jofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398
Servizo de Benestar Social Rúa Jofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Servizo de Benestar Social De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Servizo de Benestar Social De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
  • Modelo de solicitude debidamente cubert
  • DNI do/a solicitante e, no seu caso, fotocopia do DNI do/a seu/súa representante legal e a acreditación da dita representación
  • Unha foto tamaño carné do titular
  • Ditame relativo a súa redución de mobilidade, con especificación, no seu caso, do prazo de revisión. Este ditame debe ser emitido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO), dependente das seccións de cualificación e valoración de discapacidade.
  • Resolución do recoñecemento da condición de discapacidad
  • Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa xurídica deberá achegar as matrículas dos vehículos habilitados para transportar ás persoas con mobilidade reducida, así como a documentación acreditativa da entidade e do representante legal. (Permiso de inicio de actividades, e calquera outro que sexa preceptivo)
  • O Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro.

  • Recomendación (98/376/CE) do Consello da Unión Europea, do 4 de xuño de 1998.

  • Texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobado por Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo.

  • Lei 19/2001, do 19 de decembro, de reforma do texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.

  • Real decreto 1056/2014, do 12 de decembro, reguladora das condicións básicas de emisión e uso da tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade.

  • Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.

  • Real decreto 383/1984, do 1 de febreiro, polo que se establece e regula o sistema especial de prestacións sociais e económicas para discapacitados.

  • Bando de 25 de febreiro de 2008, do Concello de Pontevedra.

Dende : 16/10/2019


Volver
Rexistro electrónico