Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

414C Comunicación da finalización das actuacións de rehabilitación/renovación urbana na Área de Rehabilitación Integral (Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, Acordo da Comisión Bilateral de 01/12/2021)

alertaDende : 05/04/2022 - Ata : 30/11/2026
alertaCódigo SIA: 2868991

Mediante este impreso a persoa solicitante promotora das obras, comunícalle formalmente á Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello o remate das obras.

Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o impreso 414C ANEXO VI Comunicación do remate das actuacións de rehabilitación, xunto coa seguinte documentación:

  • Certificación bancaria do número de conta ao seu nome.

  • De non ter autorizado ao Concello de Pontevedra para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberanse achegar as ditas certificacións de todas as persoas propietarias da/s vivenda/s.

  • Fotografías que mostren todas as obras executadas coa inclusión do cartel exterior coa imaxe corporativa do Plan vivenda e do Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana, a Xunta de Galicia e do Concello de Pontevedra.

  • Facturas das persoas provedoras que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición.

  • Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas.

  • Certificado final das obras, de ser o caso, asinado polo/a técnico/a director/a das obras.

  • Licenza de primeira ocupación, de ser o caso ou solicitude da mesma. No caso de presentar solicitude de primeira ocupación o pagamento da axuda condicionarase á obtención da mesma.

  • De non ter autorizado ao Concello de Pontevedra, volante de empadroamento de cada un dos propietarios das vivendas obxecto de rehabilitación ou volante de empadroamento da unidade de convivencia, no caso de destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente da persoa promotora por un prazo non inferior a 5 anos.

  • Contrato de arrendamento, de ser o caso. O pagamento da axuda condicionarase á presentación do contrato de arrendamento, quedando obrigado a destinar a vivenda a dito uso por un prazo non inferior a 5 anos.

  • Anexo de cesión do dereito de cobramento da axuda á persoa contratista das obras, de ser o caso.


Volver
Rexistro electrónico