Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

409R Edificio. Solicitude de subvención para actuacións de rehabilitación de edificio na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2013-2016)

alertaDende : 30/06/2023 - Ata : 31/07/2023
alertaCódigo SIA: 2831944

A través de este impreso normalizado os/as interesados/as poderán solicitar unha subvención co fin de obter as axudas que, en materia de rehabilitación de edificios establece o Plan Estatal de Vivenda 2013-2016.

Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o formulario 409R ANEXO III Edificio Solicitude de subvención, xunto coa seguinte documentación:

  • Copia do NIF ou NIE da/o solicitante e de todas as persoas propietarias, e de ser o caso, da persoa representante.

  • ANEXO VIII, Documento acreditativo da representación, de ser o caso. Se o solicitante é unha persoa xurídica, pública ou privada, documentación acreditativa da súa constitución.

  • Documento acreditativo da titularidade do edificio e das vivendas partícipes na subvención.

  • Acordo no que conste a conformidade de todas as persoas propietarias coa realización das obras e a solicitude de subvención.

  • ANEXO VII. No caso de existir máis dunha persoa propietaria do edificio, autorización destas a outra persoa propietaria para a xestión, tramitación e cobro da subvención.

  • ANEXO III Edificio. Relación de vivendas e locais do edificio.

  • ANEXO III Edificio. Relación de persoas propietarias da/s vivenda/s do edificio que cumpren todos os requisitos das Bases reguladoras.

  • Certificado de eficiencia enerxética das vivendas nas que se leven a cabo actuacións destinadas á mellora da eficiencia enerxética.

  • Proxecto ou memoria técnica subscrito por técnico competente.

  • Reportaxe fotográfica antes do inicio da obra, tanto do interior como do exterior do inmoble.

  • Orzamento das obras detallado por unidades de obras e agrupado por capítulos con medicións e prezo. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía establecida na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (40.000 €), deberán achegarse tres orzamentos.

  • Licenza, comunicación previa e/ou autorización para a execución das obras ou solicitude das mesmas.

  • ANEXO V. Comunicación do inicio das actuacións, e certificado de inicio de obras si as obras contan con dirección facultativa, no caso de obras iniciadas con anterioridade á solicitude da subvención.

  • De non autorizar ao Concello de Pontevedra, certificación de cada persoa propietaria acreditativa do cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e/ou coa ATRIGA.

Ás comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios ou propietarios únicos de edificios de vivendas (con división horizontal), cando as vivendas constitúan o seu domicilio habitual e permanente ou o seu destino sexa o alugamento.


Volver