Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

408R Vivenda. Solicitude de subvención para actuacións de rehabilitación de vivenda na Área de Rehabilitación Integral (Remanentes Plan Estatal de Vivenda 2013-2016)

alertaDende : 22/01/2022 - Ata : 21/04/2022
alertaCódigo SIA: 2831892

Mediante este impreso normalizado os/as interesados/as poderán solicitar unha subvención co fin de obter as axudas que, en materia de rehabilitación de vivendas, establece o Plan Estatal de Vivenda 2013-2016.

Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o formulario 408R ANEXO III Vivenda Solicitude de subvención, xunto coa seguinte documentación:

  • Copia do NIF ou NIE da/o solicitante e de todas as persoas propietarias da vivenda, e de ser o caso, da persoa representante.                  

  • ANEXO VIII, Documento acreditativo da representación, de ser o caso. Se o solicitante é unha persoa xurídica, pública ou privada, documentación acreditativa da súa constitución.

  • ANEXO VII, Autorización para a solicitude, xestión, tramitación e cobro da subvención, no caso de existir máis dunha persoa propietaria.

  • Documento acreditativo da titularidade da vivenda.

  • Acordo no que conste a conformidade de todas as persoas propietarias coa realización das obras e a solicitude de subvención, de ser o caso.

  • Contrato de arrendamento e acordo asinado coa persoa propietaria do inmoble onde conste a autorización para executar as obras e que a persoa arrendataria asume o custo destas, no caso de ser arrendatario/a dunha vivenda

  • Proxecto ou memoria técnica subscrito por técnico competente.

  • Reportaxe fotográfica antes do inicio da obra, tanto do interior como do exterior do inmoble.

  • Orzamento das obras detallado por unidades de obras e agrupado por capítulos con medicións e prezo. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía establecida na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (40.000 €), deberán achegarse tres orzamentos

  • Licenza, comunicación previa e/ou autorización para a execución das obras ou solicitude das mesmas.

  • ANEXO V. Comunicación do inicio das actuacións, e certificado de inicio de obras si as obras contan con dirección facultativa, no caso de obras iniciadas con anterioridade á solicitude da subvención.

  • Certificado de eficiencia enerxética das vivendas nas que se leven a cabo actuacións destinadas á mellora da eficiencia enerxética.

  • De non autorizar ao Concello de Pontevedra, certificación de cada persoa propietaria acreditativa do cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e/ou coa ATRIGA.

Ás persoas solicitantes que asuman a responsabilidade da execución integral das actuacións: as persoas usuarias legais, como propietarios/as, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso, cando as vivendas constitúan o seu domicilio habitual e permanente, así como ás persoas titulares de vivendas desocupadas sempre que a solicitude leve parello o compromiso de ocupalas elas mesmas ou transmitilas ou cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou por calquera outro xeito legal admisíbel, sempre que sexa como residencia habitual.


Volver