Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o formulario 408C ANEXO I Solicitude de subvención, xunto coa seguinte documentación:
Copia do NIF ou NIE da/o solicitante e de todas as persoas propietarias, e de ser o caso, da persoa representante.
No caso de que o solicitante sexa unha persoa xurídica, pública ou privada, documentación acreditativa da súa constitución.
ANEXO VII, Autorización para a solicitude, xestión, tramitación e cobro da subvención, no caso de existir máis dunha persoa propietaria.
ANEXO VIII, Documento acreditativo da representación, de ser o caso.
Documento acreditativo da titularidade do edificio ou das vivendas e locais.
Se o solicitante é unha personalidade xurídica, acordo no que conste a conformidade de todas as persoas propietarias coa realización das obras, o orzamento e empresa adxudicataria e a solicitude de subvención.
Contrato de arrendamento e acordo asinado coa persoa propietaria do inmoble onde conste a autorización para executar as obras e que a persoa arrendataria asume o custo destas, no caso de ser arrendatario/a dunha vivenda
ANEXO II. Datos das persoas propietarias partícipes nas obras e interesadas na subvención.
ANEXO III. Relación de vivendas e locais do edificio, no caso de obras en elementos comúns do edificio.
ANEXO IV. Actuacións subvencionables.
Proxecto ou memoria técnica subscrito por técnico competente.
Orzamento das obras detallado por unidades de obras e agrupado por capítulos con medicións e prezo. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía establecida na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor (40.000 € sen IVE), deberán achegarse tres orzamentos.
Licenza, comunicación previa e/ou autorización para a execución das obras ou solicitude das mesmas.
ANEXO V. Comunicación do inicio das actuacións, e certificado de inicio de obras si as obras contan con dirección facultativa, no caso de obras iniciadas con anterioridade á solicitude da subvención.
No caso de obras de rehabilitación que contemplen actuacións de mellora da eficiencia enerxética, certificado de eficiencia enerxética (CEE), que acredite unha redución de, a lo menos, un 25%.
Se a obra a realizar é de edificación deberá achegarse un certificado de eficiencia enerxética (CEE) do edificio ou vivenda que acredite unha cualificación A ou B unha vez executadas as obras.
De non autorizar ao Concello de Pontevedra, certificación de cada persoa propietaria acreditativa do cumprimento das obrigas tributarias coa AEAT, coa Seguridade Social e/ou coa ATRIGA.
No caso de ter que acreditar ingresos inferiores a 3 veces o IPREM:
ANEXO X, Declaración responsable de integrantes e ingresos da unidade de convivencia.
Copia do documento da última declaración da renda ou no caso de non realizar a declaración,certificado tributario de IRPF.
Volante de empadroamento da unidade de convivencia, de non ter autorizado ao Concello de Pontevedra.
No caso de ter que acreditar unha discapacidade ou ser persoa maior de 65 anos, achegarase segundo corresponda:
Certificado de discapacidade.
Documento acreditativo da idade (NIF, certificado de nacemento...).
Volante de empadroamento da unidade de convivencia, de non ter autorizado ao Concello de Pontevedra.
Ás persoas solicitantes que asuman a responsabilidade da execución integral das actuacións: as persoas usuarias legais, como propietarios/as, comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios, os consorcios e entes asociativos de xestión, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito de uso.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | Rúa dos Ferreiros nº 28 | 986804335 ext 7593 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Oficina técnica de rehabilitación ARI | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.