Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

404 Solicitude de inscrición no directorio de axentes colaboradores OFICIOS

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1853416

O obxecto da creación do directorio de axentes colaboradores adscrito ao Concello de Pontevedra é por a disposición dos solicitantes de actuacións en materia de rehabilitación, conservación e inspección técnica de edificacións, unha relación de axentes colaboradores para simplificar, facilitar e axilizar a xestión e execución das obras. Este directorio terá, exclusivamente, un carácter informativo para os promotores, sen que en ningún caso a inscrición supoña un requisito obrigado para a execución das obras de rehabilitación ou inspección técnica de edificacións.

A inscrición no directorio terá carácter permanente, debendo, unicamente, achegar os interesados aquela documentación que, pola súa data de caducidade, deba ser renovada en cumprimento das condicións da inscrición, e, anualmente, declaración expresa responsable, relativa á vixencia sen contradición das circunstancias que motivaron a inscrición no directorio.

- Modelo de solicitude debidamente cuberto

- Copia do DNI/ NIF ou NIE

- Alta no Imposto de Actividades Económicas e, se é o caso, pago do último recibo.

- Certificado do estado actual da situación laboral ante a Seguridade Social ou outro organismo.

- Certificación acreditativa de atoparse o día no cumprimento das obrigas tributarias coa Facenda Estatal nos termos previstos na normativa vixente en materia de contratación.

- Certificación acreditativa de atoparse o día no cumprimento das obrigas tributarias coa Seguridade Social nos termos previstos na normativa vixente en materia de contratación.

- Certificación acreditativa de non ter débedas de natureza tributaria coa Comunidade Autónomo de Galicia expedida pola Consellería de Economía e Facenda.

- Relación das 5 obras de rehabilitación que considere de maior importancia, cunha breve descrición da mesma, tipoloxía, localización, tipo de intervención profesional, orzamento e ano de execución.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico