Pode descargar o modelo de informe editable premendo no seguinte enlace:
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de disciplina urbanística e medio ambiental | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7280 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de disciplina urbanística e medio ambiental | De luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
Non. Resulta obrigada a custodia do colexio correspondente, sendo o seu visado voluntario
Si. Existen axudas tendentes a sufragar parte do custo do informe de avaliación. Na Oficina Técnica de Rehabilitación, que se atopa no terceiro andar do Teatro Principal (entrada pola rúa Don Filiberto), poderán obter maior información
Calquera técnico ou facultativo competente que figure de alta no seu colexio profesional respectivo, así coma as entidades de inspección, sempre que estas últimas estean homologadas ou rexistradas no órgano correspondente da Comunidade Autónoma, segundo establece o artigo 6 da ordenanza.
Neste senso, resultarán competentes os técnicos consonte ao disposto na Lei 38/1999, de 5 de novembro de ordenación da edificación e normativa de desenvolvemento da Lei 8/2013, do 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.
A administración abrirá un expediente consistente nunha orde de execución e imporá multas coercitivas reiteradas por meses, ata acadar a completa execución das obras ou a presentación do informe de avaliación. Todo elo sen prexuízo da execución subsidiaria pola Administración a costa do interesado/propietario e a iniciación dun expediente sancionador.
O informe deberá conter datos de carácter tanto urbanístico/arquitectónico, canto sobre a propiedade, que permitan identificar o inmoble, así coma acreditar o bo estado de conservación de diversos elementos da edificación, cubertas e terrazas, fachadas e medianeiras, cimentación, instalacións (antena TV, ascensor, electricidade, gas, fontanería, etc.), certificado de eficiencia enerxética, no seu caso, así como o cumprimento da normativa de accesibilidade, etc., segundo se establece nos artigos 8, 9, 10 e 11 da propia Ordenanza. Non entanto, no texto da Ordenanza publicada inclúense os anexos que pormenorizan as cuestións a xustificar.
Nestes supostos, a propiedade virá obrigada a realizar, previa licenza municipal de obras ou comunicación previa, segundo os casos, as obras necesarias para emendar os defectos que se aprecien en dito informe, segundo o establecido no artigo 17 da ordenanza.
Se a súa edificación foi rehabilitada integramente con posterioridade ao ano 1943, deberá comunicarnos dito feito xuntando unha copia da licenza municipal outorgada no seu día ou ben indicando o número de expediente baixo o cal se obtivo tal licenza (ou documentación acreditativa da antigüidade segundo o artigo 12 da Ordenanza, como sería o certificado final de obra, data de outorgamento da primeira ocupación da edificación ou cédula de habitabilidade no seu caso, acta de recepción da obra ou certificación catastral descritiva e gráfica. En calquera caso presumirase como data de remate das obras a dos 3 (tres) anos posteriores á concesión da licenza), debendo presentar o informe cando pola antigüidade da vivenda puidera corresponder, de acordo á Disposición Adicional Primeira da ordenanza.
Normativa municipal: