headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

275 Solicitude de expedición de informes do Servizo de extinción de incendios

Mediante esta solicitude vostede poderá obter informes/partes realizados polo Servizo de extinción de incendios.

Aquelas persoas interesadas no procedemento.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

  • Modelo de solicitude debidamente cumprimentado.
  • Xustificante do pagamento da taxa correspondente

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

Dende : 27/05/2019


Volver
Rexistro electrónico