headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

221 Xustificación da subvención tramitada polo Gabinete da Alcaldía

Procedemento para xustificar e solicitar o pagamento das axudas e subvencións outorgadas polo procedemento de concesion directa que se tramiten polo Gabinete da Alcaldía. Este procedemento servirá para xustificar tanto as subvencións que veñan previstas de xeito nominativo no orzamento xeral do Concello como as que se concedan en base a especiais razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou aquelas outras que dificulten a súa convocatoria pública.

Entidades ou persoas físicas que sexan beneficiarias dunha subvención directa outorgada polo Concello de Pontevedra na forma prevista no artigo 36.1 da Ordenanza xeral de subvencións do Concello.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Gabinete da alcaldía Michelena, 30 3º 986804300 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Gabinete da alcaldía Michelena, 30 3º 986804300
Oficina Horario
Gabinete da alcaldía De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo qu ese aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Normativa municipal

Dende : 16/05/2019


Volver
Rexistro electrónico