Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

303 Solicitude de renda social municipal

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 2651189

Procedemento de concesión dunha prestación económica de carácter periódico e temporal que pretende dar resposta ás situacións de vulnerabilidade ou exclusión social de carácter temporal e outórgase como apoio aos procesos de inclusión coa finalidade de lograr a mellora persoal e social da persoa beneficiaria e da súa unidade familiar. Ten carácter subsidiario e incompatible coa renda de inclusión social de Galicia (RISGA).

  1. Copia auténtica do DNI, NIE ou pasaporte de todos os membros da unidade familiar que o posúan.

  2. Copia auténtica do Libro de familia ou documentos acreditativos de acollemento ou tutela.

  3. Copia auténtica da resolución denegatoria da RISGA, ou prestación autonómica que a substitúa, de ser o caso.

  4. A acreditación dos ingresos de todas as persoas integrantes da unidade familiar, incluíndo retribucións, rendas, prestacións, axudas, subsidios ou calquera outro ingreso.

  5. Certificado de titularidade de conta bancaria na que deba efectuarse o ingreso, de ser o caso.

  6. Calquera outra documentación que se considere necesaria para acreditar que a persoa solicitante se encontra en situación ou risco de exclusión social, con dificultades para a cobertura das necesidades básicas, e que reúne os requisitos establecidos nesta ordenanza para a obtención da renda social municipal. Esta documentación poderá consistir nunha declaración xurada ou nalgún dos documentos que se indican de seguido a título de exemplo:

1) No caso de ser vítima de violencia de xénero, a acreditación da súa condición nos termos sinalados polo artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

2) No caso das persoas refuxiadas, a acreditación de ter recoñecida tal condición polo organismo competente da Administración xeral do estado, ou no caso de non dispoñer deste recoñecemento, a autorización de permanencia en España por razóns humanitarias ou de interese social.

3) En caso de separación, divorcio, nulidade matrimonial ou cancelación da unión de feito:

                                    a) Unha copia da sentenza, convenio regulador ou, no caso de ruptura da unión de feito, o certificado do rexistro correspondente acreditativo da cancelación da inscrición da unión.

                                    b) Os xustificantes das achegas económicas establecidas na sentenza e convenio regulador ou, na súa falta, denuncia por incumprimento de sentenza ou demanda de execución.

4) O certificado de discapacidade no caso de que a persoa solicitante ou calquera das persoas integrantes da unidade de convivencia teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade.

5) No caso de persoas menores de 18 anos orfos de pai e nai sen dereito a prestación, os documentos acreditativos desta situación.

6) No caso de residir en vivenda propia con préstamo hipotecario, achegarase a copia do documento soporte do préstamo hipotecario (escritura notarial ou documento bancario) e o xustificante da última cota do préstamo hipotecario, de ser o caso.

7) O extracto de movementos de todas as contas bancarias de todas as persoas que integran a unidade familiar correspondente aos doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

8) En caso de residir nunha vivenda alugada, unha copia do contrato de arrendamento en vigor, que non poderá ser de duración inferior a 6 meses, e o último recibo do alugueiro, de ser o caso.   

9) En caso de residir nun establecemento hostaleiro, pensión ou casa particular en réxime de pensión, a copia cotexada da factura correspondente.

10) No caso de padecer enfermidade, informe médico emitido polo sistema público de saúde que acredite tal circunstancia.

Pode descargar o formulario no seguinte enlace


Volver
Rexistro electrónico