headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

416 Outorgamento de representación (Plan Estatal de Vivenda 2018/2021)

alertaDende : 12/03/2021 - Ata : 12/03/2026

Mediante este impreso o/a interesado/a poderá outorgar a súa representación en calquera persoa con capacidade de obrar para que, en relación ao procedemento de tramitación da subvención ante a Administración, exerza as facultades que correspondan.

Os/as interesados/as en solicitar unha subvención.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext. 7593 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 Ver detalle
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Oficina técnica de rehabilitación ARI Rúa dos Ferreiros nº 28 986804335 ext. 7593
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 Ext 7220
Oficina Horario
Oficina técnica de rehabilitación ARI De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45

Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o impreso ANEXO VIII Documento de representación, xunto coa seguinte documentación:

- Copia do NIF ou CIF do/a interesado/a e do/a representante.

- Documento acreditativo da representación outorgada (no caso de representación legal

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:

- Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

-Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.

- Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

- Regulamento da Lei xeral de subvencións aprobado por RD 887/2006, do 21 de xullo.

- Resolución do 19 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, se establecen as bases reguladoras das axudas previstas e se abre o prazo de participación para este programa.

Normativa municipal:

- Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión que tivo lugar o día 17 de setembro de 2004 (BOP núm. 190 do 30/09/2004).

- Bases de execución dos presupostos e demais normativa de pertinente aplicación.

Dende : 12/03/2021

Ata : 12/03/2026


Volver
Rexistro electrónico