headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

415 Autorización para a solicitude, xestión, tramitación e cobro da subvención (Plan Estatal Vivenda 2018-2021)

Mediante este impreso e no suposto de existir máis dunha persoa propietaria dunha vivenda ou dun edificio, outorgarase a autorización a outra persoa propietaria para a solicitude, xestión, tramitación e cobro da subvención.

As persoas propietarias dun inmoble

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Oficina técnica de rehabilitación ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 ext 7590 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Oficina técnica de rehabilitación ARI Calle Don Filiberto, 3º 986804300 ext 7590
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Oficina técnica de rehabilitación ARI De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o impreso ANEXO VII Autorización para a solicitude, xestión, tramitación e cobro da subvención para actuacións de rehabilitación na Área de Rehabiltación Integral.

  • - Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • -Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021.
  • - Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • - Regulamento da Lei xeral de subvencións aprobado por RD 887/2006, do 21 de xullo.
  • - Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021, se abre o prazo de presentación de solicitudes e se establecen as bases reguladoras das axudas previstas para este programa.

Normativa municipal:

  • - Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Pontevedra, aprobada polo Pleno da Corporación Municipal, na sesión que tivo lugar o día 17 de setembro de 2004 (BOP núm. 190 do 30/09/2004).
  • - Bases de execución dos presupostos e demais normativa de pertinente aplicación.
  • - Bases reguladoras econvocatoria das axudas árehabilitación de edificios evivendas naÁrea de Rehabilitación Integral donúcleo de Estribela edo Conxunto Histórico de Pontevedra. (BOP núm. 75 do 17/04/2019).

Volver
Rexistro electrónico