Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

414 Comunicación da finalización das actuacións de rehabilitación na Área de Rehabilitación Integral (Plan Estatal de Vivenda 2018-2021)

alertaDende : 25/04/2019 - Ata : 31/12/2022
alertaCódigo SIA: 2673007

Mediante este impreso a persoa solicitante promotora das obras, comunícalle formalmente á Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello o remate das obras.

Cumprimentar segundo as instrucións, e presentar o impreso ANEXO VI Comunicación do remate das actuacións, xunto coa seguinte documentación:

  • Certificación bancaria do número de conta ao seu nome.

  • De non ter autorizado ao Concello de Pontevedra para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberanse achegar as ditas certificacións de todas as persoas propietarias das vivendas.

  • Fotografías que mostran todas as obras executadas coa inclusión do cartel exterior coa imaxe corporativa do Plan vivenda e do Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e do Concello de Pontevedra.

  • Facturas das persoas provedoras que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición.

  • Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas.

  • Certificado final das obras, de ser o caso, asinado polo/a técnico/a director/a das obras.

  • Licenza de primeira ocupación, de ser o caso ou solicitude da mesma. No caso de presentar solicitude de primeira ocupación o pagamento da axuda condicionarase á obtención da mesma.

  • De non ter autorizado ao Concello de Pontevedra, volante de empadroamento de cada un dos propietarios das vivendas obxecto de rehabilitación ou volante de empadroamento da unidade de convivencia, de ser o caso.

  • Contrato de arrendamento, de ser o caso, o pagamento da axuda condicionarase á presentación do mesmo.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico