headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

261 Recurso de alzada contra actos do tribunal en procesos selectivos

Recurso contra actos de tribunais e órganos de selección do persoal ao servizo do Concello de Pontevedra.

Aqueles interesados, participantes en procedimientos selectivos en curso.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Ata o 21 de agosto na Casa da Luz Praza da Verdura s/n e a partir do 24 de agosto en Michelena, 30 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Ata o 21 de agosto na Casa da Luz Praza da Verdura s/n e a partir do 24 de agosto en Michelena, 30 986804300 Ext 7220
Servizo de persoal Michelena, 30 1º 986804300 ext 7070
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Servizo de persoal De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
  • Solicitude 261 debidamente cumprimentada.
  • Aquela documentación que o interesado considere pertinente na interposición do recurso, na que fundamente as súas alegacións.

O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Se transcorrido o prazo non recae resolución expresa, poderáse entender desestimado o recurso.

Contra a resolución dun recurso de alzada non caberá outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordinario de revisión.

Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:


Volver
Rexistro electrónico