Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

911 Solicitude de autorización de armas 4ª categoría/renovación armas 4ª.1

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 1986503
Mediante este procedemento poderanse solicitar as tarxetas de armas de 4ª categoría, así como a correspondente renovación no caso de armas documentadas en tarxeta tipo A.

De acordo co Real decreto 137/1993, de 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas, este permiso é válido para as armas comprendidas na 4ª categoría:

- 4.1: Carabinas e pistolas, de tiro semiautomático e de repetición; e revólveres de dobre acción, accionadas por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas, cuxa validez será de 5 anos y poderán rexistrar un máximo de 6 armas. (Tarxeta A)

- 4.2: Carabinas e pistolas, de ánima lisa ou raiada, e dun só tiro, e revólveres de acción simple, accionadas por aire ou outro gas comprimido non asimiladas a escopetas, cuxa validez será permanente e poderán rexistrar un número ilimitado de armas. (Tarxeta B)

Este permiso só terá validez dentro do termo municipal de Pontevedra.

- Autorización ao Concello de Pontevedra para solicitar o certificado de antecedentes penais, ou no caso de non autorizar, deberá presentar o certificado.

- Autorización ao Concello de Pontevedra para consultar a residencia no Padrón municipal de habitantes, en caso contrario, deberá achegar o volante de empadroamento.

- Fotocopia do DNI

- Certificado psicotécnico de aptitude.

- Guía de pertenza: marca, calibre e nº de arma


Volver
Rexistro electrónico