Solicitude (Mod 508-Solicitude de licenzas de obras e de apertura)
Fotocopia do NIF/NIE da persoa solicitante e, no seu caso, da persoa representante
Escritura da sociedade, poder ou documento acreditativo da representación expresa para este acto (se procede)
Documentación acreditativa da referencia catastral
Xustificante do pagamento dos tributos municipais
No caso de obras maiores:
Proxecto técnico completo asinado por persoal técnico competente e, no seu caso, visado polo colexio correspondente.
Oficio de dirección de obras
No caso de obras menores:
Memoria de actividade que, no seu caso, incluirá documentos básicos de aplicación, normativa específica da actividade e xustificación da normativa autonómica e supresión de barreiras e ordenanza de ruídos, subscritos por persoal técnico competente e visada polo colexio oficial correspondente.
Orzamento debullado ou por partidas das obras
Plano de situación do inmoble
Copia da licenza municipal de apertura anterior.
Certificado de seguridade e solidez subscrito por persoal técnico competente e, no seu caso, visado polo colexio oficial correspondente.
A autorización ou declaración ambiental que proceda
As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos para o exercicio da actividade
Documentación xustificativa do cumprimento do artigo 5 da lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, cando proceda
Copia de licenzas/comunicacións previas/declaracións responsables anteriores
Documento acreditativo da constitución de fianza, de ser o caso
Nas obras exteriores en fachadas e cubertas débese indicar o MEDIO AUXILIAR A EMPREGAR
DESCARGUE AQUÍ O MODELO DE SOLICITUDE EDITABLE:
Persoas ou entidades que vaian exercer unha actividade económica nun local e/ou abrir un establecemento comercial, profesional ou industrial e precisen executar obras de acondicionamento e instalación previas suxeitas a licenza consonte coa normativa xeral de ordenación da edificación, ou cando se trate de intervencións en edificios declarados BIC ou catalogados.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | Rúa dos Ferreiros núm. 28 | 986804300 ext 7500 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de urbanimo, medio ambiente e patrimonio histórico | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".
As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.
PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)
Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.
O comunicante declara baixo a súa responsabilidade:
- que conta cos informes sectoriais preceptivos conxuntamente con todosos que sexan necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividade.
- que cumprirá cos requisitos normativamente esixidos e manterá todas as medidas correctoras precisas para o correcto exercicio da actividade durante todo o período a el inherente e que, ao tratarse dunha actividade continuada, se acomodará ás esixencias derivadas da nova normativa que vaia entrando en vigor, previa obtención das preceptivas licenzas ou presentación das correspondentes comunicacións previas que, segundo o caso, resulten necesarias para tal finalidade.
- que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no planeamento urbanístico.
- que unha vez rematadas as obras/instalacións e antes da posta en funcionamento, presentará a Comunicación Previa para o inicio da actividade á que xuntará certificado final de obra asinado por técnico competente e, no seu caso, visado colexialmente. O referido certificado acreditará, de ser procedente, que coas instalacións ou obras de acondicionamento executadas non se menoscaba o cumprimento da normativa sectorial de aplicación vixente, o Código Técnico da Edificación, a normativa reguladora da protección contra incendios, o Regulamento electromagnético para baixa tensión, a normativa vixente en materia de protección contra o ruído e a contaminación acústica, a normativa en vigor sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas e normativa sanitaria, como que o establecemento cumpre coas determinacións contidas nas Ordenanzas e Regulamentos Municipais e no Plan Xeral de Ordenación Urbana e, no seu caso, o cumprimento do artigo 5 da lei 13/2010, do comercio interior de Galicia, ou norma que o substitúa
Lei 2/2016, do solo de Galicia e o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve.
Lei 9/13, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e o Decreto 144/2016, polo que se aproba o Regulamento de actividades económicas e apertura de establecementos
Lei 13/2010, do comercio interior de Galicia
NORMATIVA MUNICIPAL