Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

287 Solicitude de participación no proceso selectivo para a provisión de 1 praza de oficial electricista, quenda libre

alertaDende : 17/06/2023 - Ata : 06/07/2023
alertaCódigo SIA: 2869704

Proceso selectivo para a provisión dunha praza de oficial electricista de administración especial integrada no grupo C, subgrupo C2, quenda libre.

Para poder participar no proceso selectivo deberase presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de participación.

  • Copia do DNI.

  • Xustificante de pagamento dos dereitos de exame autoliquidados a través da sede electrónica do Concello de Pontevedra onde deberá constar o nome e apelidos do/a aspirante, así como a praza á que opta. A cantidade a aboar en concepto de dereitos de exame para prazas integradas no grupo C, subgrupo C2: 16,71 euros.

    Para obter o documento de autoliquidación que se deberá facer efectivo nas entidades bancarias que en este se indican ou a través da propia sede electrónica municipal, deberá acceder á sección Pagar taxas da Oficina Virtual Tributaria. A continuación elixa a taxa "EXPEDICIÓN DOCUMENTOS (OVT) - DEREITOS DE EXAME", introduza a data e descrición da praza e elixa o grupo correspondente ao proceso selectivo.

  • Acreditación do nivel de Celga correspondente (ou equivalente).

  • Para o caso de solicitar adaptación de tempo e/ou medios para realizar os exercicios: ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de discapacidade competente, acreditando de forma fidedigna as deficiencias permanentes que deron orixe ao grao de discapacidade recoñecido.

Todas aquelas persoas que desexen participar no proceso de selección e que cumpran os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras da convocatoria.


Volver