headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

912 Solicitude de renovación/legalización de vao existente

Mediante este procedemento poderá vostede solicitar a renovación/legalización do vao existente nun determinado inmoble, que autorice o aproveitamento especial do dominio público municipal con entradas de vehículos ou carruaxes a través das beirarrúas ou dende os espazos e vías de uso público, previo requirimento doConcello de Pontevedra no eido do procedemento aprobado polo acordo da Xunta de Goberno Local de 12/02/2018.


Ás persoas físicas e xurídicas que cumpran con todos os requisitos esixidos para a amentada renovación/legalización da súa entrada de pasaxe permanente ou entrada de vía pública ás que así lle fora comunicado previamente por parte do Concello de Pontevedra.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario achegar de ser o caso. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

As persoas xurídicas e demais suxeitos recollidos no artigo 14.2 da Lei 39/2015 (entidades sen personalidade xurídica, profesionais sometidos a colexiación obrigatoria, notarios e rexistradores da propiedade e mercantís) unicamente poden comunicalo electronicamente, mediante este procedemento.

PRESENCIALMENTE (só persoas físicas)

Nas oficinas de rexistro, no enderezo e horario que se indican abaixo, no apartado denominado “Oficinas de tramitación e presentación”.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220 De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 Ver detalle
Tramitación Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Praza da Verdura s/n 986804300 Ext 7220
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa Rúa don Filiberto (terceiro andar do Teatro Principal) 986100185
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45
Servizo de disciplina urbanística, medio ambiental e policía administrativa De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Modelo 912-Solicitude de renovación/legalización de vao existente.

Fotocopia do Documento Nacional de Identidade do solicitante.


Pode descargar o modelo de solicitude editable premendo no seguinte enlace:
  • Real Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de bens das entidades locais.

  • Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas

  • Real decreto 1428/2003, polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación.

  • Plan xeral de ordenación urbana en vigor (BOP núm. 27 de 02/02/1990), e Modificación puntual aprobada polo Pleno da Corporación o 29/3/2003 (BOP núm. 190 do 2/10/2003).


Volver
Rexistro electrónico