Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver
Rexistro electrónico

228 Solicitude de pagamento de subvención directa (nominativa ou excepcional) tramitada polo Servizo de educación e promoción económica

alertaTramitable todo o ano
alertaCódigo SIA: 2842161

Procedemento para solicitar o pagamento das axudas e subvencións outorgadas polo procedemento de concesión directa que se tramiten polo Departamento de Promoción económica e educación. Este procedemento servirá para solicitar tanto as subvencións que veñan previstas de xeito nominativo no orzamento xeral do Concello como as que se concedan en base a especiais razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou aquelas outras que dificulten a súa convocatoria pública.

  • Conta xustificativa. Anexo I . Solicitude de pagamento de subvención que comprende:
    • Memoria detallada das accións a realizar (asinada).
    • Fotocopia do CIF.
    • Número de conta bancaria para efectuar a transferencia do importe da subvención ou certificación bancaria do número de conta ao seu nome.
    • Documentación acreditativa dos cargos representativos e os Estatutos rexistrados.
    • Certificados de estar ao corrente coa Axencia Tributaria do Estado e coa facenda da Xunta de Galicia así como coa Seguridade Social.
  • Conta xustificativa. Anexo II. Declaracións responsables que comprenden:
    • Declaración responsable das subvencións e/ou axudas obtidas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, e compromiso de comunicar ao Concello a concesión de calquera outra axuda ou subvención para a mesma finalidade.
    • Declaración responsable de que as facturas que se presentan como xustificantes foron aplicadas á actividade subvencionada.
  • Conta xustificativa. Anexo III. Orzamentos de gasto que comprenden:
    • Relación desagregada de cada un dos gastos realizados con motivo da actividade subvencionada.
  • Conta xustificativa. Anexo IV. Relación de ingresos que comprende:
    • Relación desagregada de todos os ingresos ou subvencións que financian a actividade (fondos propios, subvención concedida e outras subvencións) acreditando o seu importe, procedencia e aplicación á actividade subvencionada.
  • Conta xustificativa. Anexo V . Información básica da memoria das accións a realizar.

Volver
Rexistro electrónico