a) DNI, NIE ou pasaporte de todos os membros da unidade familiar que o posúan.
b) Fotocopia do libro de familia ou documentos acreditativos de acollemento ou tutela.
c) Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
d) No caso de ser vítima de violencia de xénero, a acreditación da súa condición nos termos sinalados polo artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) No caso das persoas refuxiadas, a acreditación de ter recoñecida tal condición polo organismo competente da Administración xeral do estado, ou no caso de non dispoñer deste recoñecemento, a autorización de permanencia en España por razóns humanitarias ou de interese social.
f) Certificación de imputacións do IRPF do último período impositivo relativa aos membros da unidade familiar maiores de 16 anos.
g) Certificación actual de haberes emitida pola empresa/s ou nóminas. No seu defecto achegarase xustificación de ingresos dos últimos 6 meses, de cada un dos compoñentes da unidade familiar maiores de 16 anos, tanto que os seus ingresos teñan carácter regular como irregular.
h) Certificacións actuais de pensións, prestacións ou subsidios expedidos polos organismos correspondentes: SEPE, Seguridade Social, Xunta de Galicia, de cada un dos compoñentes da unidade familiar.
i) Informes de vida laboral dos compoñentes da unidade familiar maiores de 16 anos.
j) Certificados bancarios relativos ao saldos das contas e posicións bancarias.
k) Nos casos nos que non se poida acreditar documentalmente os ingresos da unidade familiar, recadarase a declaración responsable sobre eles (declaración xurada).
l) Certificado de discapacidade se fose o caso.
m) No seu caso, xustificante do custo da situación de necesidade determinante da solicitude.
n) Nas axudas que impliquen adecuación da vivenda, documento que acredite a propiedade ou alugueiro, e neste suposto a autorización do propietario.
o) Certificado de titularidade de conta bancaria ou documento de pago delegado (Anexo II).
Persoas en situación de risco ou exclusión social para solventar situacións de emerxencia social.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Servizo de Benestar Social | Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) | 986850398 |
Servizo de Benestar Social | Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) | 986850398 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Servizo de Benestar Social | De luns a venres de 9:00 a 11:00 horas | |
Servizo de Benestar Social | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE