Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

227 Solicitude de subvención destinada ao financiamento de gastos ordinarios e correntes necesarios para o mantemento e reactivación do tecido económico, comercial e profesional do Concello de Pontevedra (Supera 21 gastos correntes)

alertaDende : 01/10/2021 - Ata : 30/10/2021
alertaCódigo SIA: 2673003

Procedemento para solicitar as subvencións aprobadas polo Concello de Pontevedra, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar os gastos ordinarios e correntes definidos nas bases que sexan necesarios para o mantemento e reactivación do tecido económico, comercial e profesional do Concello de Pontevedra.

Os gastos consumibles e correntes que se financian son os realizados nos locais, establecementos comerciais ou centros de traballo que foran efectivamente executados entre o 14/03/2020 e o 31/12/2021.

A finalidade da subvención é preservar o tecido profesional e da pequena empresa de Pontevedra, afectada pola crise sanitaria provocada pola COVID-19.

De acordo co artigo 9 das bases da convocatoria, xunto co formulario de solicitude deberá de achegarse a seguinte documentación:

  1. Se a solicitante é persoa xurídica: copia do documento de constitución da empresa e, de ser o caso, documentación acreditativa da representatividade suficiente para actuar en nome da entidade de quen asina a solicitude.
  2. Certificado de situación censal actualizado que indique a actividade económica coa data de alta, domicilio fiscal e no seu caso o do local de desenvolvemento da actividade ou documento equivalente.
  3. Alta no réxime da Seguridade Social ou certificado da mutualidade do colexio profesional correspondente das persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo.
  4. Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
  5. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
  6. Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
  7. Documentación necesaria para puntuar as solicitudes:

No caso de diminución de facturación: para acreditar a puntuación por baixada de facturación deberá de presentarse a seguinte documentación, sen prexuízo da acreditación deste apartado mediante a presentación de calquera documento ou por calquera outro medio que sexa válido e admitido en dereito:

  • Declaración de IVE anual (modelo 390) dos anos 2019 e 2020.
  • Declaracións trimestrais de IVE (modelo 303).
  • Declaración trimestral do IRPF (modelo 130) do 4º trimestre do ano 2019 e do 4º trimestre do ano 2020.
  • Copias, referidas aos períodos de comparación, de: libro de facturas emitidas e recibidas, libro diario de ingresos e gastos, libro rexistro de ventas e ingresos, libro de compras e gastos.

No caso de creación de emprego por conta allea:

  • Informe de datos para a cotización (IDC) da Tesourería Xeral da Seguridade Social das novas persoas contratadas.
  • Relación nominal de persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social.

No caso de mantemento de emprego:

  • Informe de vida laboral completo das persoas traballadoras contratadas.
  • Documento de Relación nominal de traballadores á data do mes anterior á publicación desta convocatoria no BOPPO

No caso de emprego da lingua galega na realización das actividades propias da empresa ou negocio: calquera medio ou documento que acredite o uso normal do galego na actividade propia e ordinaria da empresa, como páxina web, publicidade, cartelaría, etc.

Pode descargar o modelo de solicitude editable e a guía para a aportación de documentación ao expediente premendo no seguinte enlace:


Volver