headerheader-400header-800
Volver

227 Solicitude de subvención destinada ao financiamento de gastos ordinarios e correntes necesarios para o mantemento e reactivación do tecido económico, comercial e profesional do Concello de Pontevedra (Supera 21 gastos correntes)

alertaDende : 01/10/2021 - Ata : 30/10/2021

Procedemento para solicitar as subvencións aprobadas polo Concello de Pontevedra, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar os gastos ordinarios e correntes definidos nas bases que sexan necesarios para o mantemento e reactivación do tecido económico, comercial e profesional do Concello de Pontevedra.

Os gastos consumibles e correntes que se financian son os realizados nos locais, establecementos comerciais ou centros de traballo que foran efectivamente executados entre o 14/03/2020 e o 31/12/2021.

A finalidade da subvención é preservar o tecido profesional e da pequena empresa de Pontevedra, afectada pola crise sanitaria provocada pola COVID-19.

As seguintes persoas e entidades:

  1. Pequenas e medianas empresas (PEMES) que empreguen a menos de 50 persoas e cun volume de negocios anual que non superen os dez millóns de euros, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
  2. As seguintes entidades da economía social que ocupen a menos de 50 persoas e cun volume de negocios anual que non superen os dez millóns de euros: sociedades cooperativas galegas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. Estas entidades deben cumprir coa definición de microempresa establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
  3. Persoas emprendedoras que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, que cumpran os requisitos de empregados/as e facturación sinalado para os apartados anteriores.

Para obter a subvención é imprescindible:

  1. Ter o seu domicilio social e fiscal no Concello de Pontevedra e desenvolver a súa actividade económica nun local, establecemento ou centro de traballo determinado aberto ao público e con atención directa a este que estea situado no Concello de Pontevedra. No caso de persoas emprendedoras sinaladas no apartado 1. c) o domicilio fiscal poderá estar noutro Concello, pero deberán desenvolver a súa actividade nun local ou establecemento situado no Concello de Pontevedra.
  2. Estar dados de alta no Imposto de Actividades Económicas.
  3. Atoparse ao corrente das obrigas fiscais co Concello de Pontevedra, coas facendas Públicas (estatal e autonómica) e coa Seguridade Social, e non estar incursas en ningunha das prohibicións para recibir subvencións enumeradas no artigo 13 da Lei de subvencións.

ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica, achegando o formulario debidamente cuberto xunto coa documentación prevista no artigo 9 das bases da convocatoria. Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal (este último só válido para persoas físicas) e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Gabinete da alcaldía Michelena, 30 3º 986100185 ext. 7104;7105;7103 De luns a venres de 10:00 a 13:30
Oficina Enderezo Teléfonos
Gabinete da alcaldía Michelena, 30 3º 986100185 ext. 7104;7105;7103
Oficina Horario
Gabinete da alcaldía De luns a venres de 10:00 a 13:30

De acordo co artigo 9 das bases da convocatoria, xunto co formulario de solicitude deberá de achegarse a seguinte documentación:

  1. Se a solicitante é persoa xurídica: copia do documento de constitución da empresa e, de ser o caso, documentación acreditativa da representatividade suficiente para actuar en nome da entidade de quen asina a solicitude.
  2. Certificado de situación censal actualizado que indique a actividade económica coa data de alta, domicilio fiscal e no seu caso o do local de desenvolvemento da actividade ou documento equivalente.
  3. Alta no réxime da Seguridade Social ou certificado da mutualidade do colexio profesional correspondente das persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo.
  4. Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
  5. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
  6. Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
  7. Documentación necesaria para puntuar as solicitudes:

No caso de diminución de facturación: para acreditar a puntuación por baixada de facturación deberá de presentarse a seguinte documentación, sen prexuízo da acreditación deste apartado mediante a presentación de calquera documento ou por calquera outro medio que sexa válido e admitido en dereito:

  • Declaración de IVE anual (modelo 390) dos anos 2019 e 2020.
  • Declaracións trimestrais de IVE (modelo 303).
  • Declaración trimestral do IRPF (modelo 130) do 4º trimestre do ano 2019 e do 4º trimestre do ano 2020.
  • Copias, referidas aos períodos de comparación, de: libro de facturas emitidas e recibidas, libro diario de ingresos e gastos, libro rexistro de ventas e ingresos, libro de compras e gastos.

No caso de creación de emprego por conta allea:

  • Informe de datos para a cotización (IDC) da Tesourería Xeral da Seguridade Social das novas persoas contratadas.
  • Relación nominal de persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social.

No caso de mantemento de emprego:

  • Informe de vida laboral completo das persoas traballadoras contratadas.
  • Documento de Relación nominal de traballadores á data do mes anterior á publicación desta convocatoria no BOPPO

No caso de emprego da lingua galega na realización das actividades propias da empresa ou negocio: calquera medio ou documento que acredite o uso normal do galego na actividade propia e ordinaria da empresa, como páxina web, publicidade, cartelaría, etc.

O prazo para presentar as solicitudes comeza o un de outubro de 2021 e remata o trinta de outubro de 2021.

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Ordenanza reguladora das subvencións do Concello de Pontevedra e os seus organismos autónomos

Volver