Dacordo co previsto no artigo 14 das bases da convocatoria:
Aquelas familias que resultaron beneficiarias das subvencións, segundo o acordo da Xunta de Goberno Local do 22/12/2021.
Pode consultar a listaxe de solicitudes con subvención premendo aquí (https://sede.pontevedra.gal/public/publications/publication-details.xhtml?idregulation=131854933)
A xustificación da subvención debe de presentarse pola mesma persoa da unidade familiar que presentou a solicitude da axuda.
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | Michelena, 30 andar 0 | 986804300 ext 7220 |
Subvencións Plan Supera | Rúa dona Tereixa número 3 | 986804321 ext. 7191, 7192, 7193 |
Oficina | Horario | |
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) | De luns a venres de 8:30 a 14:30 horas. Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 8:30 a 13:45 | |
Subvencións Plan Supera | De luns a vernes de 8:30 a 14:30 horas |
A conta xustificativa da subvención poderá presentarse:
DE XEITO PRESENCIAL
Na oficina habilitada especialmente para esta finalidade, situada na rúa Dona Tareixa n.º 3, ou no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra.
Se precisa aclaracións ou axuda para cumprimentar o formulario da xustificación poderá acudir á oficina de atención do Plan Supera 21 (rúa dona Tereixa número 3) onde lle asinarán no proceso de cumprimentación e presentación da xustificación.
ELECTRÓNICAMENTE
Dende esta sede electrónica pode vostede achegar o formulario da xustificación debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario presentar.
Para presentar a xustificación electrónicamente vostede deberá indentificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude pemendo no boton “rexistro electrónico”.
Tamén poderá presentarse a solicitude en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.