headerheader-400header-800
Volver

225 Solicitude de subvencións destinadas á adquisición de ordenadores para familias con alumnado menor de idade de centros docentes sostidos con fondos públicos

alertaDende : 20/04/2021 - Ata : 19/05/2021

Procedemento para solicitar as subvencións aprobadas polo Concello de Pontevedra, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar a adquisición de ordenadores portátiles e ordenadores de sobremesa polas familias de Pontevedra, para o seu uso polo alumnado menor de idade de educación primaria e secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional básica, formación profesional de grao medio ou educación especial de centros docentes sostidos con fondos públicos, empadroadas no Concello de Pontevedra.

Unidades familiares de convivencia que cumpran os requisitos previstos no artigo 5.2 das bases da convocatoria. Enténdese por unidade familiarde convivencia, aos efecto desta convocatoria, o conxunto de persoas que residan na mesma vivenda e se atopen vinculadas co/a solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación análoga de afectividade, por filiación, adopción, acollemento ou tutela legal.

Terá a condición de persoa titular da axuda o membro da unidade familiar beneficiariaque a solicite.

Poderán presentar solicitudes as nais, pais, titores/as ou representantes legais do alumnado enumerado na base 5.2 c), utilizando o formulario que pode descargarse nesta sede, que deberá estar asinado pola nai, pai, titor/a ou representante legal do alumnado e polo resto dos membros maiores de idade que formen parte da unidade familiar de convivencia.

DE XEITO PRESENCIAL

Se precisa asistencia para cumprimentar a solicitude poderá acudir á oficina de atención do Plan Supera 21 (rúa dona Tereixa número 3) onde lle asistiran no proceso de cumprimentación e presentación da solicitude.

Se xa ten a solicitude debidamente cuberta pode acudir a presentala ao Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra ou á oficina de atención do Plan Supera 21 (rúa dona Tereixa número 3). En ambos casos deberá solicitar cita previa, a través de internet no enlace citaprevia.pontevedra.gal ou no teléfono de resposta automática 886 405 153, escollendo a oficina “Plan supera 21” e o trámite “Subvencións supera” ou ben “Rexistro Xeral Municipal - Obtención de contrasinal” e o trámite “Rexistro (máximo dúas solicitudes)”.

Para evitar desprazamentos innecesarios e facer máis sinxela a presentación da solicitude, é importante ter en conta que o formulario deberá de estar asinado pola persoa solicitante e máis polo resto dos membros maiores de idade da unidade familiar, e que debe presentarse xunto coa documentación necesaria para a súa tramitación.

Ademais, se vostede vai achegarse á oficina do Plan Supera 21 para cumprimentar e/ou presentar a solicitude, un dos datos que precisarán é o do número de conta no que, no caso de resultaren beneficiario, se ingresará a subvención, e que debe de coincidir co da persoa que solicita a axuda, polo que cómpre que dispoña deste dato.

Tamén poderá presentar a solicitude en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.


ELECTRONICAMENTE

Dende esta sede electrónica, achegando o formulario debidamente cuberto xunto coa documentación prevista no artigo 7.4 das bases da convocatoria, que se indica de seguido.

Para presentar a solicitude electronicamente vostede deberá identificarse previamente na sede mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal e acceder á tramitación electrónica desta solicitude premendo no botón "rexistro electrónico".

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Presentación Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 ext 7220 De lunes a vienes de 8:30 a 14:30 horas- De lunes a jueves de 17:00 a 19:00 horas Ver detalle
Presentación Subvencións Plan Supera Calle dona Tereixa número 3. 986804321 De lunes a viernes de 8:30 a 14:30 horas Ver detalle
Oficina Enderezo Teléfonos
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) Michelena, 30 andar 0 986804300 ext 7220
Subvencións Plan Supera Calle dona Tereixa número 3. 986804321
Oficina Horario
Rexistro xeral municipal (Oficina de asistencia en materia de rexistros) De lunes a vienes de 8:30 a 14:30 horas- De lunes a jueves de 17:00 a 19:00 horas
Subvencións Plan Supera De lunes a viernes de 8:30 a 14:30 horas

De acordo co artigo 7 das bases da convocatoria, xunto co formulario de solicitude deberá de achegarse a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante.

  2. Fotocopia do libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar, coas súas datas de nacemento.

  3. Declaración de IRPF do exercicio 2019 dos membros computables da unidade familiar.

  4. Certificado do centro escolar no que se cursen os estudos acreditativo de que o alumnado para o que se solicita a axuda está matriculado no curso 2020-2021 en educación primaria e educación secundaria obrigatoria bacharelato, formación profesional básica, formación profesional de grao medio ou educación especial.

  5. De ser o caso, certificado anual dos ingresos percibidos correspondentes ao ano 2019 expedido polo organismo competente, das pensións da Seguridade Social, subsidio de desemprego, RISGA ou calquera outra prestación pública que se estea a percibir por calquera dos membros computables da unidade familiar de convivencia.

  6. No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán presentar un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia:

  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ó 33%.

  • Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade.

  • Certificado de percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas

  1. De ser o caso, resolución relativa ao recoñecemento da situación de dependencia dalgún dos membros da unidade familiar de convivencia.

  2. De ser o caso, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  3. No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia dos descendentes.

  4. De ser o caso, resolución xudicial ou administrativa acreditativa da situación de acollemento.

  5. De ser o caso, resolución xudicial ou administrativa que declare a situación de tutela.

  6. De ser o caso, acreditación da situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
  • Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Ordenanza reguladora das subvencións do Concello de Pontevedra e os seus organismos autónomos

Bases da subvención

Dende : 20/04/2021

Ata : 19/05/2021


Volver