Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

225 Solicitude de subvencións destinadas á adquisición de ordenadores para familias con alumnado menor de idade de centros docentes sostidos con fondos públicos

alertaDende : 20/04/2021 - Ata : 19/05/2021
alertaCódigo SIA: 2672997

Procedemento para solicitar as subvencións aprobadas polo Concello de Pontevedra, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar a adquisición de ordenadores portátiles e ordenadores de sobremesa polas familias de Pontevedra, para o seu uso polo alumnado menor de idade de educación primaria e secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional básica, formación profesional de grao medio ou educación especial de centros docentes sostidos con fondos públicos, empadroadas no Concello de Pontevedra.

De acordo co artigo 7 das bases da convocatoria, xunto co formulario de solicitude deberá de achegarse a seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante.

  2. Fotocopia do libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar, coas súas datas de nacemento.

  3. Declaración de IRPF do exercicio 2019 dos membros computables da unidade familiar.

  4. Certificado do centro escolar no que se cursen os estudos acreditativo de que o alumnado para o que se solicita a axuda está matriculado no curso 2020-2021 en educación primaria e educación secundaria obrigatoria bacharelato, formación profesional básica, formación profesional de grao medio ou educación especial.

  5. De ser o caso, certificado anual dos ingresos percibidos correspondentes ao ano 2019 expedido polo organismo competente, das pensións da Seguridade Social, subsidio de desemprego, RISGA ou calquera outra prestación pública que se estea a percibir por calquera dos membros computables da unidade familiar de convivencia.

  6. No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, deberán presentar un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia:

  • Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ó 33%.

  • Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade.

  • Certificado de percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas

  1. De ser o caso, resolución relativa ao recoñecemento da situación de dependencia dalgún dos membros da unidade familiar de convivencia.

  2. De ser o caso, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

  3. No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia dos descendentes.

  4. De ser o caso, resolución xudicial ou administrativa acreditativa da situación de acollemento.

  5. De ser o caso, resolución xudicial ou administrativa que declare a situación de tutela.

  6. De ser o caso, acreditación da situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Unidades familiares de convivencia que cumpran os requisitos previstos no artigo 5.2 das bases da convocatoria. Enténdese por unidade familiarde convivencia, aos efecto desta convocatoria, o conxunto de persoas que residan na mesma vivenda e se atopen vinculadas co/a solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación análoga de afectividade, por filiación, adopción, acollemento ou tutela legal.

Terá a condición de persoa titular da axuda o membro da unidade familiar beneficiariaque a solicite.


Volver