Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

209 Solicitude de participación nos premios Ernestina Otero Sestelo 2023

alertaDende : 08/06/2023 - Ata : 02/10/2023
alertaCódigo SIA: 2672519

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Ernestina Otero Sestelo no ensino non universitario correspondentes ao ano 2023.

Ditos premios están orientados a recoñecer e valorar aqueles proxectos educativos innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero, e que supoñan un exemplo de boas prácticas e modelo para futuras iniciativas educativas en materia de igualdade de oportunidades de mulleres e homes.

Establécense dúas categorías de participación, en función do tipo de centro:

  • Categoría A: Escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educación primaria e centros públicos integrados que presenten proxectos implementados en educación infantil e/ou primaria.

  • Categoría B: Centros públicos integrados que presenten proxectos implementados en educación secundaria, institutos de educación secundaria, centros integrados de formación profesional e centros de educación e promoción de poboación adulta.

Concederanse dous premios para cada categoría, cos seguintes importes:

  • Categoría A: 1º premio 900 €; 2º premio 500 €
  • Categoría B: 1º premio 900 €; 2º premio 500 €

O importe de cada premio deberá destinarse ao fomento e desenvolvemento de proxectos ou actividades relacionadas coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes no curso seguinte á concesión deste.

Para participar nesta convocatoria será necesaria a presentación da seguinte documentación:

  • Solicitude que acompaña á convocatoria (Anexo I).

  • Memoria do proxecto/actividade conforme ao Modelo que aparece no Anexo II da convocatoria, debendo estar cumprimentados todos os apartados.

  • Certificación asinada pola dirección do centro de que contan con autorización para o uso das imaxes do alumnado menor de idade participante no proxecto, se as houbera.

  • Compromiso asinado pola dirección do centro de destinar o premio ao fomento e desenvolvemento de proxectos ou actividades educativas relacionadas coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes no curso seguinte á concesión deste.

  • Certificación bancaria do número de conta do centro educativo no que ingresar o importe do premio, de ser o caso.

  • Declaración responsable de non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiarios establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de decembro, xeral de subvencións e de que se atopan ao corrente coas obrigas coas administracións públicas.

  • Poderá xuntarse calquera outra documentación que se estime axeitada para unha mellor comprensión do proxecto.

A documentación presentarase en galego e deberá empregar unha linguaxe inclusiva.

Centros docentes de educación infantil, primaria, secundaria e postobrigatoria non universitaria do Concello de Pontevedra que realizasen proxectos e actividades incorporando a perspectiva de xénero e a promoción da igualdade de oportunidades de mulleres e homes no curso académico 2022/2023.

É preciso que os proxectos fosen executados na súa totalidade na data de presentación da solicitude.


Volver