Para participar nesta convocatoria será necesaria a presentación da seguinte documentación:
Solicitude que acompaña á convocatoria (Anexo I).
Memoria do proxecto/actividade conforme ao Modelo que aparece no Anexo II da convocatoria, debendo estar cumprimentados todos os apartados.
Certificación asinada pola dirección do centro de que contan con autorización para o uso das imaxes do alumnado menor de idade participante no proxecto, se as houbera.
Compromiso asinado pola dirección do centro de destinar o premio ao fomento e desenvolvemento de proxectos ou actividades educativas relacionadas coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes no curso seguinte á concesión deste.
Certificación bancaria do número de conta do centro educativo no que ingresar o importe do premio, de ser o caso.
Declaración responsable de non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiarios establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de decembro, xeral de subvencións e de que se atopan ao corrente coas obrigas coas administracións públicas.
Poderá xuntarse calquera outra documentación que se estime axeitada para unha mellor comprensión do proxecto.
A documentación presentarase en galego e deberá empregar unha linguaxe inclusiva.
Centros docentes de educación infantil, primaria, secundaria e postobrigatoria non universitaria do Concello de Pontevedra que realizasen proxectos e actividades incorporando a perspectiva de xénero e a promoción da igualdade de oportunidades de mulleres e homes no curso académico 2022/2023.
É preciso que os proxectos fosen executados na súa totalidade na data de presentación da solicitude.
Tipo de oficinas | Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario | Cita previa |
---|---|---|---|---|---|
Tramitación | Servizo de Benestar Social | Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) | 986850398 | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Servizo de Benestar Social | Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) | 986850398 |
Oficina | Horario | |
Servizo de Benestar Social | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRÓNICAMENTE
A presentación das solicitudes para os presentes premios farase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Pontevedra, debendo proceder á súa sinatura a través dos mecanismos admitidos na seguinte URL (https://sede.pontevedra.gal/).
Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".
Ademais deberase adiantar a través do correo electrónico copia da solicitude e memoria en formato pdf ao enderezo seguinte: igualdade@pontevedra.eu.