headerheader-400header-800
Volver

209 Solicitude de participación nos premios Ernestina Otero Sestelo

alertaDende : 25/10/2021 - Ata : 11/11/2021

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Ernestina Otero Sestelo no ensino non universitario correspondentes ao ano 2021 nas categorías que se relacionan no apartado seguinte.

Ditos premios están orientados a recoñecer e valorar aqueles proxectos educativos innovadores e relevantes en canto á incorporación da perspectiva de xénero, e que supoñan un exemplo de boas prácticas e modelo para futuras iniciativas educativas en materia de igualdade de oportunidades.

Establécense dúas categorías de participación, en función do tipo de centro:

  • Categoría A: Escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educación primaria e centros públicos integrados que presenten proxectos implementados en educación infantil e/ou primaria.
  • Categoría B: Centros públicos integrados que presenten proxectos implementados en educación secundaria, institutos de educación secundaria, centros integrados de formación profesional e centros de educación e promoción de poboación adulta.

Concederanse dous premios para cada categoría, cos seguintes importes:

  • Categoría A: 1º premio 900 €; 2º premio 500 €
  • Categoría B: 1º premio 900 €; 2º premio 500 €

O importe de cada premio deberá destinarse ao fomento e desenvolvemento de proxectos ou actividades relacionadas coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes no curso seguinte á concesión deste.

Centros docentes de educación infantil, primaria, secundaria e postobrigatoria non universitaria do Concello de Pontevedra que realizasen proxectos e actividades incorporando a perspectiva de xénero nos cursos académicos 2019/2020 e 2020/2021.

É preciso que os proxectos fosen executados na súa totalidade na data de presentación da solicitude.

ELECTRÓNICAMENTE

A presentación das solicitudes para os presentes premios farase exclusivamente por medios electrónicos a través da Sede Electrónica do Concello de Pontevedra, debendo proceder á súa sinatura a través dos mecanismos admitidos na seguinte URL (http://sede.pontevedra.gal/).

Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante o sistema Cl@ve, ou ben mediante o seu usuario e contrasinal) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo no boton "rexistro electrónico".

Ademais deberase adiantar a través do correo electrónico copia da solicitude e memoria en formato pdf ao enderezo seguinte: igualdade@pontevedra.eu.

Tipo de oficinas Oficina Enderezo Teléfonos Horario Cita previa
Tramitación Servizo de Benestar Social Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398 De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00
Oficina Enderezo Teléfonos
Servizo de Benestar Social Rúa Xofre de Tenorio (Chalet de Fontoira) 986850398
Oficina Horario
Servizo de Benestar Social De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 23 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00

Para participar nesta convocatoria será necesaria a presentación da seguinte documentación:

  • Solicitude que acompaña a esta convocatoria (Anexo I).
  • Memoria do proxecto/actividade conforme ao Modelo que aparece no Anexo II desta convocatoria, debendo estar cumprimentados todos os apartados.
  • Certificación asinada pola dirección do centro de que contan con autorización para o uso das imaxes do alumnado menor de idade participante no proxecto, se as houbera.
  • Compromiso asinado pola dirección do centro de destinar o premio ao fomento e desenvolvemento de proxectos ou actividades educativas relacionadas coa igualdade de oportunidades de mulleres e homes no curso seguinte á concesión deste.
  • Certificación bancaria do número de conta do centro educativo no que ingresar o importe do premio, de ser o caso.
  • Poderá xuntarse calquera outra documentación que se estime axeitada para unha mellor comprensión do proxecto.

A documentación presentarase en galego e deberá empregar unha linguaxe inclusiva.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende a publicación da convocatoria no BOP ata 20 días naturais despois da data de publicación (dende o 25/10/2021 ata o 11/11/2021).

Volver