Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

208 Inscrición e participación no concurso de Maios 2022

alertaDende : 26/04/2022 - Ata : 28/04/2022
alertaCódigo SIA:

Procedemento da concesión de premios do concurso de maios durante este ano 2022, que se vai a celebrar o día 1 de maio a partires das 11:00 horas na Praza da Ferraría.

  • Anexo 1. Solicitude que comprende:

               - Solicitude de participación no concurso asinada polo Presidente ou representante da entidade ou colectivo, no que deberá sinalarse o nome do maio participante

    DOCUMENTACION QUE SE XUNTA COA SOLICITUDE:

               - Fotocopia do NIF da persoa representante e o CIF no caso de asociacións ou persoas xurídicas legalmente constituídas

               - Modelo anexo cuberto (no caso de persoa xurídica se entregará o anexo III, no caso de persoas físicas ou agrupación de persoas físicas o xurídicas sen personalidade o anexo II).

               - 10 exemplares das coplas ou cantares

  • Anexo II. A presentar no caso de seren agrupacións de persoas físicas ou entidades sen personalidade xurídica.

  • Anexo III. A presentar no caso de asociacións, entidades ou persoas xurídicas legalmente constituídas.


Poderán participar no concurso de maios as persoas físicas, asociacións, entidades e persoas xurídicas legalmente constituídas así como agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade, que cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases e se inscriban para participar no concurso.

No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, deberá facerse constar na solicitude, un representante, así como o detalle dos seus membros, dos que se entenderá que asumen os compromisos de execución e imputan o importe do premio a partes iguais, segundo o modelo anexo. Todos os membros adquiren a consideración de beneficiario.


Volver