Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

205A Solicitude da subvención para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva durante a tempada 2022/23 (Escolas deportivas municipais 2022/23)

alertaDende : 24/05/2022 - Ata : 07/06/2022
alertaCódigo SIA: 2672454

Procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actividades de iniciación deportiva durante a tempada 2022/23 que promovan as entidades privadas sen ánimo de lucro, atendendo aos criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na concesión.

  • Formularios solicitude da subvención debidamente cubertos.

  • Certificado do seguro de responsabilidade civil da entidade na tempada 2022/23.

  • Certificado débedas coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).

  • As entidades deportivas privadas sen ánimo de lucro, validamente constituídas, que teñan o seu domicilio social no municipio de Pontevedra, realicen actividades de interese municipal e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

  • As federacións deportivas de carácter autonómico, provincial ou local, validamente constituídas, aínda que non estean domiciliadas no municipio de Pontevedra, que realicen actividades de interese municipal dentro do Concello ou en beneficio do mesmo.

  • As asociacións de nais e pais (ANPA), e as entidades deportivas, dos colexios públicos do rural do municipio de Pontevedra.


Volver