Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

204A Solicitude de subvención na convocatoria de subvencións para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais no ano 2022 (anual 2022)

alertaDende : 10/11/2023 - Ata : 24/11/2023
alertaCódigo SIA: 2672414

Procedemento para a solicitude de subvención, en réxime de concorrencia competitiva, na convocatoria de subvencións para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais no ano 2022 (anual 2022) que promovan as entidades privadas sen ánimo de lucro, atendendo aos criterios de publicidade, concorrencia e obxectividade na concesión.

  • Formularios solicitude da subvención debidamente cubertos.
  • Certificado/s federativo/s acreditativo/s dos datos deportivos declarados na solicitude.
  • Xustificante do seguro de responsabilidade civil da entidade no período subvencionado.
  • Certificado débedas coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).

Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria: as asociacións e entidades deportivas privadas, validamente constituídas sen ánimo de lucro, adaptadas as disposicións da Lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia, que teñan o seu domicilio social no Concello de Pontevedra, que participen en competicións deportivas oficiais (entendendo por oficiais as competicións deportivas organizadas polas entidades federativas responsables das mesmas, agás naqueles casos que as federacións ou asociacións non as organicen) e se atopen debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións e no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.


Volver