Para poder percibir as subvencións concedidas de acordo coas prescricións destas bases, os beneficiarios presentarán a documentación xustificativa a través da sede electrónica municipal: http://sede.pontevedra.gal/, dentro do prazo de quince (15) días, contados a partir do remate do prazo do período subvencionable (31/08/2023).
En calquera dos casos as actividades subvencionábeis deberan estar realizadas no período do curso escolar 2022/2023.
A xustificación revestirá a forma de conta xustificativa simplificada (artigo 75 do Real Decreto 887/2006) e contará coa seguinte información:
Unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.
Unha relación clasificada de gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, no seu caso, data de pago. No caso de que a subvención se outorgue con arranxo a un orzamento estimado, indicaranse as desviacións acaecidas.
Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.
Se é o caso, carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados así como os xuros derivados destes.
Asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias, que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento.
Tipo de oficinas | Oficina | Enderezo | Teléfonos | Horario | Cita previa |
---|---|---|---|---|---|
Tramitación | Educación e dinamización de servizos | Casa da Luz - Praza da Verdura 2º andar | 986860697 | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
Oficina | Enderezo | Teléfonos |
---|---|---|
Educación e dinamización de servizos | Casa da Luz - Praza da Verdura 2º andar | 986860697 |
Oficina | Horario | |
Educación e dinamización de servizos | De luns a venres de 8:30 a 13:30 horas Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro) e nadal (do 22 de decembro ao 6 de xaneiro) de luns a venres de 9:00 a 13:00 |
ELECTRONICAMENTE
Dende a sede electrónica pode vostede achegar o documento de solicitude debidamente cuberto xunto coa documentación que sexa necesario aportar. Para presentar a solicitude electrónicamente vostede deberá identificarse previamente na sede (mediante certificado dixital) e acceder a tramitación online desta solicitude premendo o botón “rexistro electrónico”.