Identificación na sede
headerheader-400header-800
Volver

203 Solicitude de xustificación de subvención para desenvolvemento de actividades no ámbito da educación 2022

alertaDende : 01/09/2022 - Ata : 21/09/2022
alertaCódigo SIA: 2672291

Procedemento de xustificación de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades no eido da educación e todas as súas facetas que promovan as asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias, que poidan ser consideradas de interese educativo (promoción do deporte, ocupación do tempo libre e promoción da cultura), dirixidas á comunidade educativa en xeral.

Para poder percibir as subvencións concedidas de acordo coas prescricións destas bases, os beneficiarios presentarán a documentación xustificativa a través da sede electrónica municipal: http://sede.pontevedra.gal/, dentro do prazo de quince (15) días, contados a partir do remate do prazo do período subvencionable (31/08/2022).

En calquera dos casos as actividades subvencionábeis deberan estar realizadas no período do curso escolar 2021/2022.

A xustificación revestirá a forma de conta xustificativa simplificada (artigo 75 do Real Decreto 887/2006) e contará coa seguinte información:

  1. Unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

  2. Unha relación clasificada de gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e, no seu caso, data de pago. No caso de que a subvención se outorgue con arranxo a un orzamento estimado, indicaranse as desviacións acaecidas.

  3. Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

  4. Se é o caso, carta de pagamento de reintegro no suposto de remanentes non aplicados así como os xuros derivados destes.

Asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias, que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras do procedemento.


Volver